martes, 22 de noviembre de 2011

O Monte do Castro en Ribadumia


Varios milleiros de pezas foron descubertas nos traballos de excavación deste castro en Ribadumia: armas, ferramentas, cerámicas, coitelos, fíbulas, unha punta de lanza, unha dolabra e outros obxectos de bronce e ferro. Un kalathos, cerámica ibera propia de Cataluña, mostra que habería relacións entre os pobos indíxenas de Galicia e os de Cataluña e Andalucía, neste último caso polos diferentes tipos de cerámica. Os arqueólogos que están traballando no Monte do Castro falan dun forno de fundición (Rafael Rodríguez), "algo inédito en Galicia".

Un achado importante é un xarro dun metro de altura e se espera que os traballos dean resultados extraordinarios dada a grande extensión do castro. (Fonte: Faro de Vigo).


No hay comentarios:

Publicar un comentario