miércoles, 9 de enero de 2013

O mosteiro de Moraime


Un dos frescos, donde se representa unha cruz inscrita nun círculo, ademais de fustes decorados con pinturas (o parecer de finais do século XV) e tumbas medievais na entrada da igrexa, pódense ver en estado de abandono, coma se pasase polo mosteiro de Moraime a desidia que caracterizou ás autoridades públicas tralas grandes desamortizacións decimonónicas. Non foron estas as responsables do abandono, senón, coma en tantas outras ocasións, os seres humanos. Outros frescos son alegorías da ira, da morte, da soberbia e da luxuria.

Pouco antes de chegar a Muxía, nun dos "finis terrae" galegos, está, á esquerda, o mosteiro de Moraime, unha xoia da que debéramos estar orgullosos. A súa igrexa remozada por ser parroquial, con grosos muros e contrafortes, unha cabeceira de tres ábsidas, a central de pranta rectangular e unha torre sinxela, aínda que barroca, nun dos laterais da fachada ocidental. En diagonal respecto da igrexa (algo inusual) está o edificio mosteiral, vello e sobrio, aguantando o paso do tempo, fermoso pola súa sixeleza, pero tamén pola cor das súas pedras.

Unha das portas da igrexa, entre contrafortes, ten unha arcada románica con tres arquivoltas. O tímpano está decorado coa "cea" donde só están representados sete personaxes perfectamente adaptados o marco. Os capiteis, moi desgastados, deixan ver a obra do románico rural galego. A fachada ocidental está presidida por un pórtico románico, cunha arcada de dúas arquivoltas decoradas e un tímpano cun relevo de sete arcadas nas que se inscriben figuras. No interior, a igrexa consta de tres naves lonxitudinais. 

Pero o mosteiro de Moraime está abandonado, aínda que foi declarado "ben de interés cultural" en 1972. Moraime, perto da costa, está no centro vindo dende o norte pola estada da costa, dende as Torres de Cereixo. Logo se chega á vila de Muxía e á Punta de Barca para, en direción sur, caer na praia de Lourido e no cabo Buitra. En direción suroeste vese a prominencia do cabo Touriñán.  

(Ver http://www.laxe.net/Laxe%20Iglesias%20San%20Julian%20de%20Moraime.htm e http://www.costameiga.com/turismo/muxia/moraime.htm)

1 comentario:

  1. Un bien de interés cultural, abandonado. En la miseria, la cultura parece ser siempre la primera víctima. Un abrazo.

    ResponderEliminar