jueves, 28 de marzo de 2013

Viaxe polo románico de Lugo (3)

Frescos na ábsida
Preto do río Miño, xunto o encoro dos Peares, augas abaixo do encoro de Belesar, encóntrase o pequeno mosteiro de Eiré, conservándose hoxe só a igresa. As pinturas sobre o cascarón da ábsida, que se ven arriba, non son de época románica (posiblemente do século XIX) pero a maior parte da actual fábrica é do pleno medievo.

Dende o exterior vense perpiaños ben labrados, unha ábsida bastante pronunciada, de altura inferior o resto do templo, e unha torre entre de planta rectangular entre o corpo da nave e a citada ábsida. As arcadas son de medio punto, pequenas, como coresponde á arquitectura románica, donde o predominio do muro é casi absoluto. Na ábsida as columnas arrancan de contrafortes, mentres a media altura unha moldura percorre horizontalmente o muro. Baixo o aleiro, os canzorros sinxelos, probablemente sustituidos o longo do tempo. 

Na porta principal, con arco adovelado, rosetas o o año místico sobre a que debería ser a clave, lixeiramente desviada. Os papeis son moi variados, con epigrafías nalgúns cimacios: caras humanas moi sinxelas, animais, rosetas, vexetais; mentres que os canzorros están formados por monstruos, bóvidos, froitos e outras imaxes máis ou menos abstractas. 

No interior destacan os arcos faixóns e a arcada triunfal, con varias archivoltas. Segundo http://www.arquivoltas.com/11-Galicia/01-Eire%2003.htm o interior "está condicionado... polas estruturas destinadas a dar sustento á torre erixida sobre o primeiro tramo da nave".  

Vista aérea en medio do casarío
No interior hai unha soa nave e nun dos muros, o que está orientado o sur, hai un ajimez cuxos arcos son de ferradura, o que denota a influencia mozárabe nunha etapa posiblemente anterior. A porta norte ten dúas arquivoltas e decoración xedrezada. O tímpano está parcialmente perdido: hai representadas dúas bestas con cabezas antropomorfas e, na parte superior, a inscripción LUMA (Lucas Magister?). Na portada norte consta dun lintel en forma de triángulo e o arco de medio punto está decorado, na súa parte superior, con xedrezado. As dovelas teñen letras que, suvesivamente, forman o alfabeto latino ata o "m", pero para a "j". Poucas veces se encontrarán exemplos tan singulares nunha igrexa que debeu ter unha importancia moi superior á que hoxe suxire a simple vista.

Ábsida e torre da igrexa

No hay comentarios:

Publicar un comentario